A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
jueves, 17 de marzo de 2011
Día da poesía: Os "cadros -poema" de Miró
O día 21 de marzo é o Día da Poesía, data do comezo da primavera. Que mellor ocasión para achegarnos á obra de Joan Miró e a súa "poesía na pintura"!
Miró é un dos grandes artistas do século XX. A súa xenialidade consistíu nunha constante búsqueda nos camiños da arte. Trátase dun pintor con traxectoria propia e un estilo particular. Os seus inicios son na súa Cataluña natal, moi en contacto coas vangardas de París. Nos anos 20 Miró vive na capital francesa empapándose das novidades pictóricas da época e moi en contacto co Surrealismo. As súas imaxes son abstractas, presentando un elaborado universo de signos. Destes anos son os seus "cadros-poema" ou "poesía na pintura". Os seus cadros son máis ben sensacións poéticas. O autor combina cores e palabras. Estas parecen provir do máis fondo da mente, do subconsciente, son ensoñacións do autor plasmadas na pintura. De ahí o seu carácter absurdo, sen pasar polo filtro da razón.
"El cuerpo de mi morena" é un destes cadros-poema. Se nos fixamos di o seguinte:
"Le corps da ma brune puisque je l'aime, comme una chatte habillé en vert salade comme de la grêle, c'est pareil"
Agora en español:
"El cuerpo de mi morena
puesto que yo la amo,
como mi gata vestida de verde lechuga,
como el granizo, a ellos se parece"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario