A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
Mostrando entradas con la etiqueta recomendación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recomendación. Mostrar todas las entradas
jueves, 17 de enero de 2013
Cine na biblioteca do IES de Monterroso
Aínda que esperabamos unha maior afluencia de público, agradecemos enormemente a asistencia de pais, alumnos e profesores que disfrutaron do filme "14 Kilómetros" na Biblioteca do centro.
A película fíxonos reflexionar sobre o longuísimo e durísimo camiño que milleiros de africanos percorren para cruzar o Estreito de Xibraltar e chegar a Europa donde teñen a esperanza de atopar unha vida mellor. Nós coñecemos imaxes e cifras de inmigración clandestina que chega exhausta nos caiucos, agora ben; podíamos imaxinarnos ese sufrimento a través do deserto? Seguramente non. O filme do director cordobés Gerardo Olivares nos achega ese mundo descoñecido para nós.
"14 Kilómetros" amósanos tamén o amor e a amizade a través dunha fermosa fotografía.
viernes, 27 de abril de 2012
La piel de la memoria. Jordi Sierra i Fabra.
La piel de la memoria foi un dos libros que máis me gustaron, principalmente
porque é una historia real, na que se contan as vivencias dun neno que tras ser
vendido polo seu pai remata sendo escravo
una plantación de cacao.
A parte que máis
me gustou do libro foi cando se namora dunha rapaza, Naya, que esta embarazada,
e more no parto. E a parte que menos me gustou foi cando consegue escapar da
plantación de cacao sendo libre por uns
meses pero pouco despois vólveno capturar, cando volvía para o seu pobo natal
para ver os seus irmáns.
Creo que a razón
de que “enganchase2 tanto e que é una historia moi triste.
MARTA GARCÍA ARGIZ. 4º ESO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

