Mostrando entradas con la etiqueta técnicas de escritura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta técnicas de escritura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de octubre de 2012

Cadro-estrela da semana: "La bola de cristal"




Este cadro foi pintado en 1902 polo británico John William Waterhouse. Este artista pertenceu ao Grupo Prerrafaelita, que acolleu a un número importante de pintores ingleses cuxo obxectivo era conseguer a beleza e a simplicidade da arte do século XV e XVI, tendo como principal figura ao gran pintor italiano Rafael.

Os Prerrafaelitas son un grupo que representa ao Romanticismo inglés, buscando plasmar no cadro os sentimentos do artista.

Neste cadro "A bola de cristal" amósase a unha muller vestida de vermello mirando fixamente cara unha bola de cristal e realizando algún feitizo coa axuda dun libro e dunha calavera. O autor trata de transmitir a maxia e o poder das profecías, ou sexa, crear no espectador un sentimento místico rodeado dse certo misterio.

Son os grandes temas de Waterhouse, ademáis dos mitos e das lendas baseados na literatura. 

A continuación, os alumnos de 1º ESO opinan sobre o cadro: 

"Gústanos este cadro porque presenta un debuxo perfecto, cunha cor moi intensa, un vermello que parece terciopelo... O rostro da muller, a bola e a calavera causan moita intriga..."
Carmen Barrul e Jose Luis Fernandes

"Un cadro misterioso, gústame..."
Raúl Ríos

jueves, 25 de noviembre de 2010

CADÁVERES EXQUISITOS


Os cadávares exquisitos non é un manxar de caníbales senon que é unha técnica artística empregada principalmente no surrealismo, que consistía que cada participante no xogo, continuase a frase, conto ou debuxo do seu compañeiro. Un Frankestein de papel por decilo así.
Con ese nome no é de estrañar que lle saían noivos tan pecuriares coma Tim Burton, persoanxe excéntrico e polifatético, que tanto debuxa coma escribe como dirixe unha película. Todos recordaredes o películas de coma La novia Cadáver, Pesadilla antes de Navidad e a máis recente Alicia en el pais de las maravillas. Se vos interesa visitade o segunite enlace
http://tiff.net/timburton/twitter