martes, 30 de abril de 2013

Cadro-estrela: "Juana de Arco" de Rosetti



Juana de Arco , a doncela de Orleáns, é unha heroína da historia de Francia. Esta muller liberou ás tropas francesas do Loira durante a Guerra dos Cen Anos. Deste xeito fíxose un oco nun mundo de homes. 
Esta obra é de Dante Gabriel Rosetti, un pintor que vivíu no século XIX. A súa obra atópase entre o Romanticismo e o Simbolismo. De feito, Rosetti creou a denominada Irmandade Prerrafaelita, na liña do Romanticismo inglés. O gusto polo medieval, o misticismo e a natureza moldearon a pintura de Rosetti.

martes, 23 de abril de 2013

Día do libro: Achegamento ó teatro


Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. Para conmemoralo,  no IES representáronse curtas esceas de diversas obras. Por un lado, os rapaces de 1º BAC levaron a cabo unha representación de Manuel María,  "Barriga verde". Os rapaces de 1º ESO representaron a primeira escea de "Casa de bonecas" de Ibsen, e diversos contos da obra "Besos que se fueron".
Un ano máis, como se de xograres se tratase, percorreron as clases interpretando pequenos papeis. Un achegamento o mundo do teatro e da literatura.

Lara interpretando a Penélope esperando a Ulises

Antía e Xeila interpretando a sereas que falan dos seus bicos de sal

Samuel e Ana en "Barriga verde"



lunes, 22 de abril de 2013

Cineforum no IES de Monterroso:"Náufrago"



O pasado xoves compartimos unha interesante velada na biblioteca do IES de Monterroso. O filme "Náufrago", presentado por Lidia Lemos, Antía Montes e Sheyla Moscoso, alumnas de 1º ESO B, deu lugar a un interesante debate sobre o instinto de supervivencia, os valores e  o amor.



viernes, 19 de abril de 2013

Libro-estrela da semana: "Besos que nunca se fueron"



Este libro tan orixinal de Roger Olmos e David Aceituno serviranos como inspiración para parte das representacións do o Día do Libro, a vindeira semana.

O tema, como vemos no título, son os bicos. Un bico pode cambialo todo. Os bicos son os protagonistas de moitas historias de amor nos contos e tamén na vida real.

Hai bicos, como os das sereas, que saben a sal. Hai bicos moi esperados e ansiados como o de Ulises á sempre paciente Penélope. Hai bicos como os que soña a costureira. Trátase dunha arte o lanzamento de bicos da Duquesa Delika Tessen...

Manual de bicos, bicos segredos, bicos made in hada, o bico máis longo da historia...Todo iso e máis neste maravilloso libro que vos recomendamos hoxe.


martes, 16 de abril de 2013

Un poema para cada día




A algunos les gusta la poesía

A algunos,
es decir, no a todos.
Ni siquiera a los más, sino a los menos.
sin contar las escuelas, donde es obligatoria,
y a los mismos poetas,
serán dos de cada mil personas.

Les gusta,
como también les gusta la sopa de fideos,
como les gustan los cumplidos y el color azul,
como les gusta la vieja bufanda,
como les gusta salirse con la suya,
como les gusta acariciar al perro.

La poesía,
pero qué es la poesía.
Más de una insegura respuesta
se ha dado a esta pregunta.
Y yo no sé, y sigo sin saber, y a esto me aferro
como a un oportuno pasamanos

Wiztawa Szymborska

jueves, 11 de abril de 2013

Cineforum: "Náufrago"


O vindeiro xoves 18 de abril á partir das 17.30 h temos unha nova cita na Biblioteca do IES de Monterroso. Os alumnos de 1º ESO presentan a película "Náufrago". Unha historia de supervivencia a través do Robinson moderno protagonizada por Tom Hanks.

martes, 2 de abril de 2013

Cadro-estrela da semana: A Gioconda



 
 A Gioconda é unha das obras máis famosas da historia da arte universal. Todos coñecemos esta pintura  dun dos grandes homes do Renacemento, Leonardo Da Vinci.

A Gioconda ou A Mona Lisa foi pintada no século XVI. Hoxe en día podemos admirar esta obra no Museo do Louvre de París. Trátase do retrato dunha muller. Non sabemos a ciencia certa quen foi, algúns din que se trata de Isabella D'Este, amante do propio Leonardo.

A obra foi pintada coa chamada técnica do sfumato, innovación de Leonardo. No cadro non existen liñas, os contornos aparecen diluidos pola atmosfera.
O  que máis nos chama a atención deste retrato é a sonrisa enigmática da muller retratada. Que nos trata de transmitir?

A Gioconda  recréase ao longo da historia da arte, no cine e na literatura. Un referente na historia sen dúbida.

Mona Lisa de Bansky

Gioconda con bigote de Duchamp


Mona Lisa de Botero
Mona Lisa de Lichtenstein