jueves, 31 de enero de 2013

Libro estrela: "Jane Eyre"


"Jane Eyre" é un dos grandes clásicos da literatura inglesa do século XIX. A autora, Charlotte Brontë, foi a maior das tres irmás Brontë, todas elas mulleres escritoras nun tempo na que a literatura levaba nome de home.

A novela conta a historia de Jane, a súa complicada infancia como orfa e como,  na súa xuventude, acada un posto de institutriz nunha mansión, para educar á filla do misterioso señor Rochester. A moralidade, a relixión, a sociedade patriarcal do XIX e  o amor son os grandes temas desta fermosa novela victoriana.

A novela foi levada ó cine en varias ocasións, sendo a versión de 2011 protagonizada por Mia Wasikowska a máis recente.

miércoles, 30 de enero de 2013

30 de Xaneiro: Día da Paz


Hoxe conmemórase o Día da Paz. Nada máis chegar ó vestíbulo do IES de Monterroso atopámonos cunha árbore da que brotan e penden símbolos universais da paz, así como poemas e debuxos sobre este tema. Esas "follas" de cartón e de papel son o traballo de moitos rapaces do centro que aportaron o seu grao de area para reflexionar sobre este día.
Tamén atopamos no hall un corcho donde cada un de nós pode escribir asimesmo unha reflexión sobre a paz, a guerra, os atentados contra os dereitos humanos no mundo de hoxe ou un simple desexo para acadar a paz mundial. Xunto a isto atopamos cancións e viñetas do cómic "Mafalda", unha ironía do seu autor, Quino, sobre o mundo no que vivimos.

lunes, 28 de enero de 2013

Descubrindo a poesía con Carlos Negro




Hoxe estivo compartindo experiencias no IES o escritor Carlos Negro. Os rapaces dos clubs de lectura "Enrédate coa lectura I" e "Enrédate coa lectura II" asistiron na biblioteca a unha forma diferente de ver, ler e sentir a poesía. 
 
A través da lectura e dramatización da súa obra "Maquinaria" os rapaces descubriron  que os temas da poesía poden ser os da vida cotiá," un planeta", como ben dixo o escritor, no que os alumnos están inmersos. Despois, os alumnos participaron nun creativo obradoiro de poesía. 

viernes, 25 de enero de 2013

Fina Casalderrey elixida académica numeraria



A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Bibliotecas escolares

jueves, 17 de enero de 2013

Cine na biblioteca do IES de Monterroso



 Aínda que esperabamos unha maior afluencia de público, agradecemos enormemente a asistencia de pais, alumnos e profesores que disfrutaron do filme "14 Kilómetros" na Biblioteca do centro.



A película fíxonos reflexionar sobre o longuísimo e durísimo camiño que milleiros de africanos percorren para cruzar o Estreito de Xibraltar e chegar a Europa donde teñen a esperanza de atopar unha vida mellor. Nós coñecemos imaxes e cifras de inmigración clandestina que chega exhausta nos caiucos, agora ben; podíamos imaxinarnos ese sufrimento a través do deserto? Seguramente non. O filme do director cordobés Gerardo Olivares nos achega ese mundo descoñecido para nós.


"14 Kilómetros" amósanos tamén o amor e a amizade a través dunha fermosa fotografía.