martes, 13 de diciembre de 2011

MONTAMOS O NADAL

Con motivo das festas o cadro estrela será un nacemento como calquera outro pero esta vez será dos Simpsons, que adoptan a típica iconografía cristián dos nacementos, a cal analizaremos a continuación.
Na relixión cristiana os Magos son uns personaxes que aparecen no Evanxelio de Mateo (Mt 2-12)e no libro do Novo Testamento. Mateo fai un relato moi breve no que non aparece nin o número nin o nome dos magos. A partir de Orígenes (185-224) e cos Evangelios apócrifos vanse engadindo datos e detalles que a Igrexa vai aceptando e os artistas aproveitan nas súas obras.
A escena da adoración en Belén é unha das mais antigas no mundo artístico. O pasaxe da adoración xa se representaba nas catacumbas romanas onde pode verse a María no extremo da obra e a os tres magos levando os seus agasallos sobre bandexas moi sinxelas. O antecedente desta representación está nas obras da Roma Antigua na que persoas do pobo sometido levan presentes ao romano vencedor durante a cerimonia coñecida como triunfo. No século V cambia a disposición da escena situando a María no centro entre os Magos e engadindo a comparsa dos camelos. Mais tarde en época bizantina aparece na escena un anxo que leva unha estrela e un dos Magos fai unha xenuflexión(axeónllase). En Occidente e durante a Idade Media vestían aos Magos con manto real e con coroa. Os agasallos van en recipientes luxosos que se supoñen feitos de metais preciosos. No Século XIII é común un modelo no que o primeiro rei se axeonlla e o segundo mira ao terceiro para mostrarlle a estrela. A escena vaise enriquecendo con outros detalles e a partir do século XVI pasa do simbolismo ao anecdótico e atractivo.En moitos casos os señores que encargan a obra saen representado na propia adoración como un "pastor" mais que porta un presente para o neno Xesús.



No hay comentarios:

Publicar un comentario