A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
martes, 31 de mayo de 2011
A MURALLA O PUNTO DE REENCONTRO
O venres día 20 reencontrarnos cos nosos amigos lectores do Leiras Pulpeiro, cos que ademais de compartir amizade tamén compartimos lecturas, ademais tamén tivemos a oportunidade de coñecer a algúns dos nembros do club de lectura do IES Xogar de Sarria, tamén convidados por lo Leiras Pulpeiro. Nesta ocasión lemos obra de Antonio Reigosa “Lu e Go pola muralla”, xa que nos pareceu a escusa perfecta para pasear pola cidade recordando pasaxes do libro, ca luxo engadido de que os nosos anfitrios invitaron ao autor do libro que nos fixo a honra de facer a visita comentada pola muralla de Lugo e firmarnos uns exemplares, desta disparatada historia que narra as peripecias dun gato que persegue a un rato arredor da muralla de Lugo. Neste percorrido mesturarase ficción e realidade, ao igual co na nosa viaxe, na cal atopámonos co señor alcalde que nos saudou amizosamente , un compañeira quixo seguir a Go polos pasadizos da muralla, escorréndose polas táboas que hai na porta Miñá, toparmos cun turistas que menciona no libro , co can de tres testículos e ata cun budha,. Todo iso e moito máis pode ocorrer na nos muralla.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario