A próxima parada do club de lectura de pais "Lector@s da Ulloa" é "Patagonia Express" do autor chileno Luis Sepúlveda, xa un coñecido dos lectores, pois o curso pasado lemos a súa obra "El viejo que leía novelas de amor". "Patagonia Express" é unha viaxe polas latitudes máis altas de América do Sur e donde o autor descúbrenos a toda unha galería de personaxes baixo unha paisaxe desoladora. "Patagonia Express" é un libro de viaxes e de aventuras pero tamén un mosaico das vivencias das xentes que habitan esa descoñecida e lonxana parte do planeta. A vindeira cita do club non será ata xaneiro. Coma sempre, o último xoves do mes. Disfrutade da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario