A tarde do pasado luns día 30 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no centro. Todo o alumnado puido asistir e disfrutar da representación teatral "O achado do castro" do autor Manuel Núñez Singala, a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla. O argumento da obra é o seguinte: Manolitus e Carmiñae son dous rapaces namorados, pero o Emperador, pai de Carmiñae, non consinte tal relación, e tampouco Arpexia, nai de Manolitus, que é a comerciante máis rica do Imperio. Por si fora pouco catro ladroas tentan roubar, sen demasiado éxito, a coroa do Emperador. A todos estes personaxes temos que sumar dúas escravas, unha sabia que non o é tanto, e tres soldados romanos con moi poucas luces. Todo isto da lugar a esta divertida comedia romana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario