A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 26 de octubre de 2011
O Samaín e Halloween
O Samaín é unha celebración de orixe celta que a tradición cristiá converteu no Dá de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro entra o Ano Novo Celta, simbolizando o fin do verán e a chegada do outono. Nesa noite as ánimas atravesan a porta que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos. Estes entran nas casas para quentarse e tomar algún alimento.
Halloween é a Noite das Bruxas, celébrase nos países anglosaxóns na véspera de Todos os Santos. Nesa noite colócanse candeas nas casas polos defuntos, xa que estes visitan aos seus familiares desde o mundo dos mortos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario