1. Todo neno, sen distinción de raza, lingua ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
2. Todo neno ten dereito pleno de esixir que os seus pais lle conten contos a calquer hora do día. Aqueles pais que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un cativo, non só incurren nun grave delito de culpa senón que arríscanse a que os seus fillos nunca máis lle volvan pedir un conto.
3. Todo neno que non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a elixir a un adulto que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.
4. Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus avós. Aqueles que teñan vivos aos seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que non os teñan. Do mesmo xeito, aqueles avós que non teñan netos teñen a liberdade de ir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil donde poderán contar todos os contos que desexen.
5. Todo neno está no dereito de saber quen son José Martí e Andersen, entre outros. Os adultos teñen a obriga de poñer o seu carón todos os libros, contos e poesías destes autores.
6. Todo neno goza do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e as lendas da tradición oral do seu país.
7. O neno tamén ten dereito de inventar e contar os seus propios contos ou modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.
8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os maiores teñen a obriga de nutrirse de xeito permanente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos. A única obriga é que sexan fermosos e interesantes.
9. O neno sempre ten o dereito de pedir outro conto e tamén que lle conten un millón de veces o mesmo.
10. Todo neno, por último, ten dereito a crecer xunto ás aventuras de Tío Tigre e Tío Coello, daquel cabalo que era tan fermoso e do inmortal Había unha vez..., a palabra máxica que abre as portas da imaxinación no roteiro cara os soños máis fermosos da infancia.
Asociación Colombiana del Libro Infantil
Grazas Paz por esta fermosa aportación
No hay comentarios:
Publicar un comentario