A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
viernes, 9 de diciembre de 2011
María Antonieta: a película
"María Antonieta" é unha película de 2006 dirixida por Sofía Coppola. Baséase na biografía da raíña de Francia. A historia comeza cando María Antonieta, con catorce anos, é afastada da súa familia en Viena e levada á suntuosa corte de Versalles en París, para contraer un matrimonio concertado co herdeiro do trono de Francia, o futuro Luis XVI. O luxo, as festas e os amantes forman parte da vida da raíña na decadente corte francesa nos momentos previos á revolución. O fin da monarquía ten lugar no ano 1793 durante a Convención Xirondina. María Antonieta é levada á guillotina ó igual que o seu esposo Luis XVI. A película acadou o Óscar ó mellor vestuario en 2006.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario