A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
martes, 13 de diciembre de 2011
Conmemoración da Constitución e do Estatuto
Estes días conmemoramos no centro o Día da Constitución e do Estatuto de Galicia. Nas escaleiras de acceso ó primeiro andar podemos atopar unha pequena exposición sobre que é unha Constitución, os seus contidos, cal foi a primeira Constitución española, as anéctodas daquel lonxano día de 1812 no que se promulgou A Pepa, a nosa historia constitucional, a firma da Constitución de 1978 hoxe vixente, o perigo que representou para a recén nacente democracia española o Golpe do 23F, asi como as circunstancias do Estatuto de Galicia de 1936 e a promulgación do actual no ano 1981. Unha viaxe por un anaco da nosa historia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario