martes, 13 de diciembre de 2011

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ PREMIO IBERAMERICANO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

O pasado 8 de decembro en Gualajara, e que gracias a editorial Xearis que nos enviou un correo co vídeo do discurso podemos disfrutar todos as dúas palabras:


Na nosa Biblioteca dispoñemos de numerosos exemprares das súas obras, xa que un ano adicamos o Club de Lectura súa obra, pola cercanía das súas historias ca vida dos nosos rapaces que se ven reflectados nas páxinas dos seus libros como se dun espello se tratase, sobre toda as rapazas as que retrata con tanta exactitude.
O noso homenaxe e felicitación especial dende a Biblioteca do IES Monterroso é o expositor do escritor do trimestre, e inaguramos a 2º avalición cun repaso pola súa vida e obra.
Se visitades o seguinte enlace http://www.filix.org/ranholas/agustin.html, podedes atopar a seguinte información sobre vida e obra e moito, moito máis.
VIDA
Nace en Vilalba en 1947, ainda que é Perito Industrial Mecánico, coñéceselle por ser Mestre de Ensino Primaria e Licenciado en Ciencias da Educación, ademáis de escritor . Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Codirixe, tamén, a Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Preocupado pola renovación pedagóxica, foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos como as series.
Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introducción dos medios de comunicación nas aulas, publicados en xornais e revistas .
A súa obra, merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do IBBY, etc.), e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega.
OBRA
1990A cidade dos desexosAs flores radiactivas 1991Contos por palabras ·Lonxe do mar 1992O tesouro do dragón Smaug 1993As tundas do corredor·Rapazas 1994Trece anos de Branca ·Unha lúa na fiestra1995Cartas de inverno · Amor dos quince anos, Marilyn1996Avenida do Parque, 171997O centro do labirinto1998A néboa escura· O laboratorio do doutor Nogueira1999As fadas verdes· Cos pés no aire· A nube de cores2000Aire negro· O soño do merlo branco2001No corazón do bosque· Un tren cargado de misterios· Ana e o tren máxico2002Noite de voraces sombras 2003O meu nome é Skywalker·A Serea da Illa Negra·A praia da esperanza2004Tres pasos polo misterio ·Raquel ten medo·Laura e os ratos2005A escola dos piratas ·A noite dos animais·A fuxida do mar·Fantasmas no corredor·¡Que medo, mamá Raquel!2006Corredores de sombra·Os gardiáns do bosque·Querido inimigo·O Raio Veloz 2007O único que queda é o amor 2008A pastelaría de dona Remedios·¡Upa! 2009Lúa do Senegal·Valados·A dama da Luz

No hay comentarios:

Publicar un comentario