A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 16 de noviembre de 2011
Biblioteca de historia
ESta semana chegaron ás aulas de historia novas lecturas en relación coa materia. Trátase de dúas obras contemporáneas de gran éxito de público, "Persépole" , novela gráfica de Marjane Satrapi, e "Purga" de Sofi Oksanen. Dúas mulleres e dúas grandes obras.
"Persépole" é un relato autobiográfico sobre a infancia da autora en Irán e a súa vida posterior no exilio. Un testemuño histórico dun pobo e dunha época narrada con gran espontaneidade e emotividade que non nos deixa indiferentes.
"Purga" é a emotiva historia de dúas mulleres, unha anciá solitaria que vive nunha afastada rexión báltica e unha rapaza que, vítima do tráfico de mulleres e a explotación sexual, precisa axuda da anciá para non caer nas mans dos seus raptores. O libro amósanos a historia pasada e recente de Estonia, facendo unha crítica os totalitarismos políticos do século XX.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario