A I Guerra Mundial (1914-1918) tivo un importante impacto sobre as mulleres. Ao faltar os homes, que se atopaban nos frentes de batalla, as mulleres tiveron que reincorporarse ao traballo das fábricas de armamento e de municións, da industria textil e doutras que quedaran sen man de obra masculina. Sen embargo os salarios das mulleres que substituíron aos homes era máis baixo. Cando remata a guerra, as mulleres foron desprazadas dos seus traballos, nutrindo así as filas do desemprego. E aí cando se inicia o movemento feminista que loitaba pola igualdade no traballo e que tamén reivindicaba a obtención do voto feminino. Nace así , de xeito simultaneo, o sufraxismo. O feminismo é un movemento de toma de conciencia e loita das mulleres polos seus dereitos e a súa emancipación social, así como a igualdade real na sociedade. O sufraxismo é un movemento no que as mulleres reclaman os seus dereitos políticos, especialmente o dereito ó voto. Dentro deste movemento individualízase un sector radical, as sufraggetes, que utilizaban medios de loita violentos para a consecución dos seus obxectivos. Moitas destas mulleres foron a parar á cadea. No ano 1918 as mulleres conseguen o seu dereito ó voto en países como Gran Bretaña ou Alemaña. Sen embargo, aínda quedaba un longo camiño por percorrer. En España, o sufraxio feminino non se fai efectivo ata 1933 durante o período histórico da II República. Por último, cabe destacar na loita do feminismo e do sufraxismo mulleres como Clara Zetkin, Rebeca West, Christabel Pankhurst e Clara Campoamor, entre outras
No hay comentarios:
Publicar un comentario