jueves, 22 de marzo de 2012

Día da poesía: versos de primavera


En xuño de 2011, Bahrein Aayat Al-Qormozy foi condenada a un ano de cárcere por ler en público un poema que comezaba cos seguintes versos:

“Somos el pueblo que matará la humillación y asesinará la miseria. ¿No oyes sus gritos, sus alaridos?”

Son versos pronunciados para levar esperanza aos homes e mulleres que pedían reformas de xeito pacífico en Bahrein, pero tamén en Exipto, Túnez, Iemen ou Siria. Versos polos que Aayat foi ameazada, detida e torturada. Aayat foi liberada grazas a presión exercida por Amnistía Internacional, pero hoxe en día segue ameazada e aínda non puido volver á universidade. Desde Amnistía Internacional, queremos mandarlle unha mensaxe de esperanza en forma de poemas escritos entre todos e todas. Podes escribir aquí o teu poema;

http://web.es.amnesty.org/micropoemas-bahrein/?origen=mar11_aayatMail

O día 21 de marzo é o Día Mundial da poesía, ademáis do comezo da Primavera. Celebra esta data escribindo un poema para que Aayat non se atope soa. Grazas pola tua solidaridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario