jueves, 8 de marzo de 2012

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA


A reunión pasada con "Enrédate coa lectura II" comentamos o segunda entrega dos Megatoxos, na que os nosos protagonistas se mergullan noutra aventura ambientada no medievo na que coñecerán a novos enimigos.
Para a reunión preparamos o seguinte material:
1.-Resumo do libro.
2.-Cres que os personaxes cambiaron dalgún xeito dende a súa primeira aventura? E a relación entre eles? De que maneira?
3.- Que pensas dos novos persoaxes? Quen os enviou? Que queren conseguir?
4.-En que época histórica se desenvolve a aventura?
5.-Que sabes desta época histórica? Como estaba dividida a sociedade? Que relixión se practicaba en Europa? Como e onde vivía a xente?
6.-Que sabes dos monasterios? Coñeces algún? Os monxes son coñecidos por varias habilidades dende a idade media. Saberías decir cales?
7.-Cres ca maioría da poboación da idade media sabía ler e escribir?
8.- Como credes que aprendían as escrituras?
Vocabulario e curiosidades. Que significan as seguintes palabras:
Filántropo
Analfabeto
Canteiro
Gárgola
Códice

No hay comentarios:

Publicar un comentario