miércoles, 21 de marzo de 2012

Cadro-estrela da semana: "Ponte xaponesa" de Monet


Este cadro do pintor impresionista Monet, "A ponte xaponesa", foi creada no ano 1890. O Impresionismo xorde a finais do século XIX en París como unha corrente pictórica que revolucionou o mundo da arte debido as súas innovacións. Para coñecer o significado deste cadro, debemos coñecer primeiro as características do Impresionismo; a principal e máis relevante deste movemento é que o artista pinta o que ve, a paisaxe, o tema principal das súas obras. Pintan o aire libre, deste xeito queda representada unha sensación de impresión (de aí o nome que se lle da a este movemento) do día, da atmosfera dun intre. Intentan captala e plásmana no cadro a través de toques de pincel curtos, de manchas e sen liñas. Todas estas características son facilmente atribuíbles ao cadro a comentar. Monet pinta o aire libre unha paisaxe real. Realiza a obra durante o día, perceptible pola claridade presente, aínda que a espesa vexetación convértese na protagonista do cadro. Outra das características de Monet é a súa habilidade para captar reflexos de luz, como vemos na auga e nas árbores. Na auga destacan tamén as tonalidades dos nenúfares, motivo moi presente no autor francés. Todo se obtén a través da pincelada rápida e breve, de manchas. Así, a pintura de Monet resulta vital e armoniosa, inspiradora de paz e de tranquilidade. Podemos dicir que o cadro se converte nunha imaxe de enorme atractivo para a vista. Monet só foi recoñecido ao final da súa vida. Ademáis de paisaxes e nenúfares, tamén plasmou nas súas obras figuras humanas e catedrais, sen embargo o que lle importaba realmente era a incidencia da luz. Monet dixo: "Estas paisaxes de auga e de reflexos obsesiónanme. Todo está máis alá das miñas forzas de vello, pero quero representar o que sinto"

No hay comentarios:

Publicar un comentario