martes, 28 de febrero de 2012

Lector@s da Ulloa: ""La casa del propósito especial"


Na reunión do último xoves do mes, como xa é habitual, o club de lectura "Lector@s da Ulloa" deu a súa opinión sobre "La casa del propósito especial" de John Boyne. Houbo unanimidade entre os membros do club; "unha obra que te envolve dende o principio", "non podes deixar de lela ata o final", "unha historia ficticia con fondo histórico", "unha obra desas que tanto nos gustan, cun telón histórico detrás"... Foron as opinións expresadas por algúns dos membros do club.

"La casa del propósito especial" narra a historia de Anastasia, unha das fillas dos últimos zares de Rusia, que logrou escapar o triste destiño en Ekaterimburgo, lugar do asasinato dos Romanov. Coa revolución de fondo e ao longo da historia do século XX o lector vive unha historia de amor dun criado do zar cunha das altezas reais do esplendoroso Imperio ruso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario