martes, 9 de octubre de 2012

Un poema para cada día: "Plaza do Campo" de Luis Pimentel


"Plaza do Campo"

Tebras o axexo
Pola rúa suben
as casas en muletas.
Navallas de lúa
na acera.
Unha sola ventá,
marela de insomnio.
Duro de lúa o seixo
desexa e agarda o crimen.
Pérdese
a iauga verde e moura da fonte.
¿Salíu deiquí a noite?
Dedo en alto
o santo de pedra
pide silencio.

Este poema  do lucense Luis Pimentel pertence a obra "Sombra do aire na herba". O poema o
transcribimos tal como o escribiu o autor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario