A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 31 de octubre de 2012
Lector@s da Ulloa: "El señor llega" de Torrente Ballester
Este curso o club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" comezou a súa andaina coa obra "El señor llega", primeira parte da triloxía "Los gozos y las sombras" do ferrolán Gonzalo Torrente Ballester. É, sen dúbida, unha das obras cumbre da literatura española do século XX.
A Pueblanueva del Conde chega, despois duns anos estudando en Viena, Carlos Deza, representante do poder señorial na vila. A este enfróntase Cayetano Salgado que encarna a unha burguesía comercial en ascenso. O proletariado e as súas reivindicacións atópanse personificadas en Juan Aldán.
As transformacións políticas, económicas e sociais de Galicia durante os anos da II República plásmanse perfectamente nesta obra, á que se engaden as paixóns, amores e desamores, a cobiza e a envexa entre os diversos personaxes que circulan pola novela.
Os membros do club disfrutamos enormemente desta obra, un clásico da literatura do XX.
"El señor llega" é o libro estrela do IES esta semana.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario