miércoles, 3 de octubre de 2012

Libro-estrela da semana: Robinson Crusoe





Un clásico da literatura e  unha gran obra de aventuras. “Robinson Crusoe” de Daniel Dafoe foi publicada no ano 1719. Conta a historia dun náufrago inglés que pasou 28 anos nuha remota illa tropical. Cando comeza a adaptarse á soidade, dase conta que non é o único ser humano que se atopa na illa. Nela vive unha tribo indíxena e caníbal. Tras salvarlle a vida a un prisioneiro, o que pon o nome de Venres por ser este o día da semana que o coñece, nace unha gran amizade entre os dous.

Robinson Crusoe é unha historia sobre a supervivencia do home fronte ás forzas da  natureza; unha historia sobre a soidade do ser humano e tamén sobre a súa fortaleza e nobreza. É un conto ético, cun gran transfondo de relixiosidade. A salvación e a esperanza son outros dos grandes temas da obra, a segunda máis lida no mundo tras a Biblia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario