O próximo luns día 15 de outubro terá lugar no IES de Monterroso unha charla-coloquio a cargo do fotógrafo Daniel Candal. A charla ten como base a proxección das fotografías do autor sobre campos de concentración nazi. A exposición "Aushwitz-Birkenau: una mirada al pasado" pretende ser unha reflexión sobre a historia máis recente de Europa.
Daniel Candal é estudiante de 4º curso de Dereito e Administración de Empresas na Universidade de A Coruña. Combina os seus estudos coa fotografía, na que a súa formación é plenamente autodidacta. Daniel acadou varios premios; obtivo o 1eº premio
José Sardina Muíños 2010 de fotografía na modalidade de retrato; finalista e mención de honor no concurso Viaxarte 2010 organizado polo Concello de A Coruña; finalista na
modalidade de fotografía no concurso Xuventude Crea 2010 organizado pola
Xunta de Galicia; e gañador Viaxarte 2012 co Premio á mellor fotografía.
A charla terá lugar no Salón de Actos do centro o vindeiro luns a partir das 16.45 h. Vai dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario