miércoles, 18 de noviembre de 2009

HISTORIA DUNHA FOTO: RETORNADOS por Vicente


Na fotografía aparecen tres nenos, a da esquerda é miña bistía Elena, no medio está miña avoa Luz e a dereita meu outro bistío Manuel, xunto a eles o seu pai, Luís, e unha señora que é a súa irmá, xa que a nai emigrou ós poucos meses de ter a Elena.
A muller de Luís, Aurora emigra a Cuba como ama de cría dos fillos duns señores acomodados, xa que nesa época era costume que as mulleres ricas non deran o peito ós seus fillos para non estragar a súa figura, e o que facían os señores ricos era contratar a mulleres para alimentar ós seus fillos. Aurora volta tres meses despois de marchar tivo porque non resistía a ausencia dos seus pequenos, sobre todo da súa recen nacida filla Elena.
Esta é unha foto de finais do 29, principios do 30, é dicir da época final da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Esta foi unha época moi difícil por mor das consecuencias do crac do 29 e a profunda crise económica mundial que levaron a moitos galegos a emigrar. O galego emigraba baixo dous signos: un, que o empurraba fóra da súa terra na procura de mellor situación económica e outro que o facía regresar. Así temos que, sendo o país que dá maior porcentaxe de emigración, tamén somos, curiosamente, o que maior índice de retornados temos por número de emigrantes.

3 comentarios:

  1. De casualidade atopei o voso blog. As historias dunha foto son xeniais!!!

    Enlaceivos no meu blog e voltarei a visitarvos.

    Saúdos ulloáns

    ResponderEliminar
  2. Encántanme todas as fotos. Sobre todo gústanme as da emigración. ¡Canta necesidade tiñamos que pasar para abandonar a nosa terra, a nosa xente (mesmo fillos pequenos) na procura de algo mellor. Tamén me axudan a entender ós que voltaron case como se foron, sen nada, peor ainda, coa tristura de non acadar aquelo polo que se foran. Lémbrome dun tío-avó meu que se foi a Cuba e voltou se nada. Sempre estaba triste e coa ollada perdida e valeira.

    ResponderEliminar
  3. Preciosas imaxes, fantástica iniciativa

    ResponderEliminar