jueves, 19 de noviembre de 2009

HISTORIA DUNHA FOTO: O XERADOR por Lucía


Esta imaxe está datada no ano 1967. Na fotografía, estase a celebrar unha voda. Como ben se pode apreciar trátase dunha voda celebrada no mundo rural, en concreto en Vilasante, Antas de Ulla.
Na foto aparecen seis persoas: á esquerda atópanse algúns dos invitados máis achegados, á dereita os noivos e no centro meu bisavó Antonio.
Meu bisavó Antonio era agricultor aínda que tamén facía traballos de electricista, como foi no caso desta voda... O aparello que aparece diante del é unha xerador de electricidade que construíu el cun motor dunha máquina de mallar que era da súa propiedade.
Por esas datas, nos anos 60, estaban baixo a ditadura de Franco, polo que a vida no medio rural contaba con bastantes dificultades, como por exemplo a falta de luz. Ese foi o motivo polo que se creou este xerador, para poder ter luz no banquete posterior á cerimonia. Estes banquetes sempre se celebraban na casa. Aquel día o banquete deuse no palleiro dun veciño, xa que era o lugar máis cómodo que había e o máis amplo.
Foron catro as causas principais que se apuntaron para explicar a restrición eléctrica da posguerra. En primeiro lugar, é sabido que as autoridades do réxime franquista recorreron á pertinaz sequía para dar explicación ao problema eléctrico. Sen negar o incuestionable argumento meteorolóxico e a súa influencia, os empresarios da época achegaron outros dous de maior calado: por unha banda, a ausencia de unidade de explotación, é dicir, dunha rede única e, por outra, a conxelación das tarifas. A cuarta causa o aumento crecente do consumo.

2 comentarios:

  1. XENIAL!!!

    Esta foto é de premio.

    Meu avó tamén tiña un xerador, pero por desgraza non hai ningunha foto del, de feito, esta é a primeira vez que vexo unha fotografía dun xerador da Ulloa.

    Moitas grazas por compartir a túa foto.

    Teño que recomendarlle ó Chouso que vexa isto, seguro que lle gusta

    ResponderEliminar
  2. Estou abraiado!!!
    Antes de analizar (en plan CSI) a foto, quería agradecer a quen fixo este agasallo para o blogomillo e tamén á Ulloa en fotos por avisarme da magnífica descuberta.
    Mesmo semella que está montada nun carro...

    As reflexións contidas tampouco teñen desperdicio!

    ResponderEliminar