miércoles, 4 de noviembre de 2009

SAN CRISTOVO por Judith



Esta foto foi sacada un 18 de xullo de 1964 na estrada principal de Antas de Ulla pola festa do San Cristovo. En Antas aínda se segue a celebrar esta festa despois dunha tradición de máis de 50 anos. Esta festa é diferente as demáis xa que a xente preparaba o coche, o camión, a moto ou incluso (os nenos pequenos) a súa bicicleta con globos , cintas , frores... para ser bendicida polo cura ó rematar a misa. Logo os veciños facían unha comida no campo todos xuntos, mentras tocaba unha orquestra, charanga, banda...Se facía boa noite os veciños voltaban a reunirse para cear, ó rematar, o Concello repartía premios ós automóviles mellor compostos.

Hai 50 anos, baixo a ditadura Franquista a xente non dispuña de moitos medios de transporte e case tódolos coches que había eran iguais ou da mesma marca, o máis abundante era o Seat 600 debido a que era o coche máis ecónomico de ese momento. Tamén algúns veciños tiñan tractores, pero eran os menos xa que o soldo non lles permitía compralos porque verdadeiramente eran caros. Meu avó era un dos poucos que mercara un tractor, o cuarto do concello e da parroquia o primeiro, polo cal os veciños pedíanlle axuda para os traballos da terra, que era no que se baseaba fundalmentalmente a economía naquela época. Luís. Os meus bisavós mercáronlle este tractor o meu avó Luís cando acabou de estudiar para capataz agrícola en Bastiagueiro (A coruña). Costou 225.000 pesetas. No mesmo verán levouno a bendicir pola festa. Pola mañá meu avó vestiuse elegante, con traxe, e montou no tractor con outros veciños, que non tiñan en que ir para a festa se non era andando.

2 comentarios:

  1. Alucinate ó das 225.000 pesetas do David Brown 990. Estiven vendo ó valor actual deste tractor restaurado e vai dende os 3.000 euros os 65.000 dependo, supoño, do estado de conservación das pezas orixinais.

    Case que mais sorprendente e a matrícula LU-455, ¿quere dicir iso que no 1964 so había 455 tractores en toda a provincia?

    ResponderEliminar
  2. Magnífica foto Judith. Canto máis profundizo no voso traballo máis ledo me facedes!

    E vou dar outro dato. Eu sei de quen era o tractor LU-451,tamén de Antas. Tratábase dun Hanomag-Barreiros vermello. Tiña os faros negros que sobresaían da carrocería de tal xeito que mesmo semellaban dous ollazos... Así que se as contas do avó de Judith non fallan, e o David Brown da foto era o cuarto do Concello de Antas...botade contas. Pregúntalle de quen era o primeiro a teu avó Luis :-)

    ResponderEliminar