Grazas a colaboración coa asociación Terra Copora, os ùltimos 15 días no centro puidemos gozar dunha das exposicións máis visitadas durante o último Lucus Augusti: Roma en guerra, na que os alumnos/as contemplaron todo tipo de armas, como espadas, pillum (lanzas da época) ou arcos, ademais de armaduras, escudos, e un conxunto abraiante de cascos.
Completaba a exposición unha maqueta dun campamento romano que non deixou indeferente a ninguén pola súa calidade tecnica.
Completaba a exposición unha maqueta dun campamento romano que non deixou indeferente a ninguén pola súa calidade tecnica.
Pareceume unha exposición moi didáctica, sinxela e clara. Gustoume moito.
ResponderEliminar