lunes, 26 de marzo de 2012

Libro estrela. La evolución de Calpurnia Tate


El Departamento de Física y Química recomienda esta obra, que aunque no está directamente relacionada con la física y química, si con el conocimiento del medio, la curiosidad y el descubrimiento. Además de romper una lanza a favor delas mujeres científicas y romper clichés.
Cuando vi este libro en la biblioteca me llamó mucho la atención, me pareció una presentación muy cuidada, los colores,las siluetas, el nombre de la niña… Y empecé a leerlo.
Calpurnia es una niña de 12 años que vive en un pueblo de Texas en 1899. Su madre pretende que aprenda a tocar el piano, coser y cocinar, sin embargo a ella le interesa mucho más lo que hace el abuelo en su laboratorio. No le gusta la vida que han elegido para ella y busca una oportunidad para cambiarla. Poco a poco irá ganándose a este señor un tanto huraño y empezará a colaborar con él en sus observaciones del medio natural, aprenderá quién es Darwin, qué son las especies y las subespecies y también lo idiotas que se vuelven los hermanos mayores cuando se enamoran.
Calpurnia asiste a la llegada del teléfono y de una telefonista, de la Coca Cola (una escena graciosa cuando ella y uno de sus hermanos la prueban por primera vez...), el primer coche visto en la zona...
Me ha encantado la forma en que el abuelo enseña a Calpurnia a pensar. Cuando la niña le hace una pregunta, el abuelo no le contesta directamente, sino que la obliga a buscar ella misma la respuesta. Creo que es la mejor forma de aprender.
Es un libro estupendo para todas las edades, interesante y fácil de leer. Me he quedado con ganas de saber más de Calpurnia, ¿conseguiría ir a la universidad?
La autora, Jacqueline Kelly nació en Nueva Zelanda, aunque ahora vive con su marido y sus perros en Texas, precisamente. Esta es su primera novela y con ella no sólo ha conseguido un gran éxito entre los lectores, sino también la Medalla de Honor Newberry.

jueves, 22 de marzo de 2012

Día da poesía: versos de primavera


En xuño de 2011, Bahrein Aayat Al-Qormozy foi condenada a un ano de cárcere por ler en público un poema que comezaba cos seguintes versos:

“Somos el pueblo que matará la humillación y asesinará la miseria. ¿No oyes sus gritos, sus alaridos?”

Son versos pronunciados para levar esperanza aos homes e mulleres que pedían reformas de xeito pacífico en Bahrein, pero tamén en Exipto, Túnez, Iemen ou Siria. Versos polos que Aayat foi ameazada, detida e torturada. Aayat foi liberada grazas a presión exercida por Amnistía Internacional, pero hoxe en día segue ameazada e aínda non puido volver á universidade. Desde Amnistía Internacional, queremos mandarlle unha mensaxe de esperanza en forma de poemas escritos entre todos e todas. Podes escribir aquí o teu poema;

http://web.es.amnesty.org/micropoemas-bahrein/?origen=mar11_aayatMail

O día 21 de marzo é o Día Mundial da poesía, ademáis do comezo da Primavera. Celebra esta data escribindo un poema para que Aayat non se atope soa. Grazas pola tua solidaridade.

miércoles, 21 de marzo de 2012

Cadro-estrela da semana: "Ponte xaponesa" de Monet


Este cadro do pintor impresionista Monet, "A ponte xaponesa", foi creada no ano 1890. O Impresionismo xorde a finais do século XIX en París como unha corrente pictórica que revolucionou o mundo da arte debido as súas innovacións. Para coñecer o significado deste cadro, debemos coñecer primeiro as características do Impresionismo; a principal e máis relevante deste movemento é que o artista pinta o que ve, a paisaxe, o tema principal das súas obras. Pintan o aire libre, deste xeito queda representada unha sensación de impresión (de aí o nome que se lle da a este movemento) do día, da atmosfera dun intre. Intentan captala e plásmana no cadro a través de toques de pincel curtos, de manchas e sen liñas. Todas estas características son facilmente atribuíbles ao cadro a comentar. Monet pinta o aire libre unha paisaxe real. Realiza a obra durante o día, perceptible pola claridade presente, aínda que a espesa vexetación convértese na protagonista do cadro. Outra das características de Monet é a súa habilidade para captar reflexos de luz, como vemos na auga e nas árbores. Na auga destacan tamén as tonalidades dos nenúfares, motivo moi presente no autor francés. Todo se obtén a través da pincelada rápida e breve, de manchas. Así, a pintura de Monet resulta vital e armoniosa, inspiradora de paz e de tranquilidade. Podemos dicir que o cadro se converte nunha imaxe de enorme atractivo para a vista. Monet só foi recoñecido ao final da súa vida. Ademáis de paisaxes e nenúfares, tamén plasmou nas súas obras figuras humanas e catedrais, sen embargo o que lle importaba realmente era a incidencia da luz. Monet dixo: "Estas paisaxes de auga e de reflexos obsesiónanme. Todo está máis alá das miñas forzas de vello, pero quero representar o que sinto"

jueves, 15 de marzo de 2012

"1984" de Orwell: A crítica aos totalitarismos


"1984" de George Orwell é unha novela publicada en 1949. Describe, e á vez, fai unha dura crítica aos sistemas totalitarios desenvolvidos na época de Entreguerras. Concretamente refírese ao réxime totalitario da URSS, cuxo ditador foi Stalin. Na obra este correspóndese co "Gran Hermano" ou "Gran Ditador", aquel que todo o observa e todo o controla.

O totalitarismo acada todos os ámbitos ou esferas da vida, asfixiándonos e destruíndonos como individuos. No estado totalitario os individuos non existen, xa que só existe a sociedade no seu conxunto que serve ao estado. Este controla, ademáis da política, o partido único, a economía, a cultura e as mentalidades a través dun férrreo control e dunha incidente propaganda. A arte está ao servizo do poder.

Orwell amósanos ese mundo dos totalitarismos a través dunha das obras clave da literatura do século XX.

"1984" é a lectura deste mes do Club "Enrédate coa lectura" formado por pais e nais de alumnos do IES Monterroso.

jueves, 8 de marzo de 2012

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA


A reunión pasada con "Enrédate coa lectura II" comentamos o segunda entrega dos Megatoxos, na que os nosos protagonistas se mergullan noutra aventura ambientada no medievo na que coñecerán a novos enimigos.
Para a reunión preparamos o seguinte material:
1.-Resumo do libro.
2.-Cres que os personaxes cambiaron dalgún xeito dende a súa primeira aventura? E a relación entre eles? De que maneira?
3.- Que pensas dos novos persoaxes? Quen os enviou? Que queren conseguir?
4.-En que época histórica se desenvolve a aventura?
5.-Que sabes desta época histórica? Como estaba dividida a sociedade? Que relixión se practicaba en Europa? Como e onde vivía a xente?
6.-Que sabes dos monasterios? Coñeces algún? Os monxes son coñecidos por varias habilidades dende a idade media. Saberías decir cales?
7.-Cres ca maioría da poboación da idade media sabía ler e escribir?
8.- Como credes que aprendían as escrituras?
Vocabulario e curiosidades. Que significan as seguintes palabras:
Filántropo
Analfabeto
Canteiro
Gárgola
Códice