Hoxe estivo compartindo experiencias no IES o escritor Carlos Negro. Os rapaces dos clubs de lectura "Enrédate coa lectura I" e "Enrédate coa lectura II" asistiron na biblioteca a unha forma diferente de ver, ler e sentir a poesía.
A través da lectura e dramatización da súa obra "Maquinaria" os rapaces descubriron que os temas da poesía poden ser os da vida cotiá," un planeta", como ben dixo o escritor, no que os alumnos están inmersos. Despois, os alumnos participaron nun creativo obradoiro de poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario