A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
domingo, 14 de noviembre de 2010
XORNADAS MICOLÓXICAS
Esta pasada semana puidemos disfrutar no noso centro dunha interesante exposición sobre as setas. A idea era facer unha recollida máis intensa o luns pasado polos arredores do instituto xa que as condicións dos días anteriores foron bastante boas: chuvia e máxima humidade. Sen embargo a cicloxénese explosiva "Becky" impedíu a saída...
De todos xeitos a exposición na entrada do edificio atraeu a numerosos curiosos e penso que tivo moito éxito. Quedou moi bonita, aquí tedes estas fotografías para comprobalo e lembrar estes chuviosos días de novembro.
Noraboa ós Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Dinamización Lingüística pola organización desta actividade e gracias por facernos disfrutar destas Xornadas micolóxicas cada ano.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS,
ciencias naturais,
interdisciplinariedade,
lingüística
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario