lunes, 3 de junio de 2013

Última sesión de Lector@s da Ulloa


Última sesión do club "Lector@s da Ulloa". O pasado xoves asistimos á última xuntanza do club de pais e nais do IES de Monterroso. "Unha lectora fóra do común"  de Alan Bennet foi o libro que pechou este curso 2012-13. Unha noveliña sobre libros e e bibliotecas. 

Recollimos nesta última sesión algunhas das opinións dos membros do club, son respostas á cuestión Que vos aporta vir cada mes ao club de lectura?

Manuel: "Sabiduría"

Pedro:"A lectura e asistir ao club prodúceme sosiego e tranquilidade, poder falar dos libros que compartimos... pasamos bos momentos, sen dúbida"

Asunción: "Fórzate, no bo sentido da palabra, a ler. É un encontro con novos autores.

Filo: Un encontro con autores que eu nunca leería, así coñezo autores continuamente, cada mes...

Miguel:"Volver a ler. Compartir, enriquecer a miña lectura coas aportacións de todos e todas. Unha experiencia que ten que continuar"

Isabel: "A experiencia de compartir moito más cun libro"

No hay comentarios:

Publicar un comentario