
Para rematar o curso, a última lectura escollida para o infatigable club de pais e nais da Ulloa, foi "Unha lectora fóra do común" de Alan Bennet.
Xunto a Westminster instálase unha biblioteca móbil. A raíña de Inglaterra interésase polos libros e o servizo que esta ofrece, descubrindo a grandes autores, grandes obras e, por suposto, o pracer da lectura.
Unha obriña curta e deliciosa cun gran sentido do humor para pechar o club deste curso. Que mellor que un libro sobre o descubrimento e o pracer da lectura. Dedicada a todos os nosos lectores da Ulloa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario