Artemisa Gentileschi foi unha pintora do Barroco italiano, discípula de Caravaggio. No século XVII, ser pintora e muller era todo un reto e, sobre todo, algo excepcional.
Artemisa foi unha destacada pintora e a encadramos dentro da innovadora corrente tenebrista.O Tenebrismo supuxo unha grande innovación na pintura. A partir de contrastes fortes entre luces e sombras trata de representar a realidade. Os focos de luz diríxense as partes que o artista quere salientar do cadro; un rostro, un obxecto... A luz provén do exterior e proxéctase cara os interiores cotiás representados. A muller é a total protagonista da súa pintura; nela atopamos a mulleres bíblicas como Judith ou María Magdalena, autorretratos, mulleres artistas...
En "A pintora", cadro da semana no IES, amosa a unha muller pintora no momento de crear.Trala súa morte en Nápoles, Artemisa Gentileschi foi esquecida durante séculos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario