domingo, 24 de febrero de 2013

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Desde Dinamización Lingüística, Remedios García realiza esta selección de poesía no Día de Rosalía de Castro, hoxe 24 de febreiro. É o día do nacemento desta autora galega. Con este poema de temática intimista facémoslle unha pequena homenaxe. Rosalía é a gran representante do RExurdimento da literatura galega do século XIX.


Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde
nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
como a lua vai saíndo,
como o sol se vai deitando.

Cal se deita, cal se esconde
mentras tanto corre a lua
sin saberse para donde.

Para donde vai tan soia
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale nin nos oia.

 
Que si oira e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.

Cantares Gallegos

No hay comentarios:

Publicar un comentario