A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
martes, 26 de febrero de 2013
Cadro estrela: "Habitación de hotel" de E. Hopper
"Habitación de hotel" é unha das obras máis coñecidas do gran pintor realista norteamericano E. Hopper. Como na maior parte das súas obras, o autor plasma a soidade e a melancolía. Nesta ocasión é unha muller a que aparece no cadro. Está pensativa e concentrada, lendo unha carta. Sentada nunha cama dunha triste e desnuda habitación de hotel, a súa equipaxe está aínda sen desfacer. O cadro nos transmite a soidade do ser humano, o problema deste para comunicarse e relacionarse. A atmosfera fría e o xeométrico cuarto axudan a esa tristeza e soidade infinitas que se transmiten ao espectador. O rostro en sombra da muller plasma a angustia vital do ser humano.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario