martes, 7 de febrero de 2012

Cadro-estrela da semana: "A balsa da Medusa"


A BALSA DA MEDUSA” é un cadro romántico do autor francés Gericault. A pintura é un canto á esperanza; uns náufragos ao divisar ao lonxe ao barco salvador comezan a axitar o que queda das súas roupas para ser salvados despois da traxedia. O autor quere amosarnos esa desesperación e o ánimo dos supervivintes. A pintura ten unha composición piramidal, triangular; vai desde os mortos situados nun primeiro plano, ata os que intentan erguerse nun segundo plano, e os que conforman o vértice da pirámide e axitan as súas roupas para chamar a atención do barco. A paisaxe na que están inmersos é terriblemente ameazadora, ondas dun mar embravecido e un ceo de negros nubarróns. Sen embargo, ó fondo, a luz dun claro, que xunto ao barco simboliza a esperanza. Os claroscuros dos corpos espidos intensifican no espectador os sentimentos de horror.A balsa da Medusa” é un dos grandes cadros do Romanticismo.Reflexa un acontecemento real que conmoveu a toda Francia no século XIX.

No hay comentarios:

Publicar un comentario