martes, 22 de febrero de 2011

O cadro estrela: "A dama do armiño"


A obra que contemplamos é "A dama do armiño" do gran artista do Renacemento italiano Leonardo Da Vinci. Trátase do retrato dunha muller nova, unha adolescente cunha face aínda infantil pero belísima. O seu nome era Cecilia Gallerani e era amante do poderoso rexente de Milán Ludovico Sforza.A pintura, realizada coa técnica do óleo no ano 1484 da unha información valiosa ao espectador. Vemos que se trata dunha muller de certa posición social xa que o retrato é encargado a un dos grandes artistas italianos da época. Ademáis, o coidado peiteado, a ropaxe e as xoias fainos intuir o seu alto estatus social. O animal que leva nos seus brazos é un armiño. Non está escollido ó chou polo pintor, senón que ten un significado concreto, o armiño é símbolo da castidade, da pureza. Este animal, a súa vez, é o motivo heráldico dos Sforza. Se nos fixamos que na mirada da rapaza, observamos que os seus ollos non se atopan co espectador senón que miran cara outro lado. Isto podemos interpretalo como a timidez da xuventude, o temor a ser recoñecida ou a certa vergoña pública por ser a amante dun home xa de certa idade. O que esconden os retratos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario