Na praia da Madorra de Panxón, próxima a cidade de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas. Un novo caso para o inspector Leo Caldas, por todos xa coñecido por ser o protagonista da primeira obra do autor galego Domingo Villar, "Ollos de auga". O inspector terá que sumerxirse no mundo mariñeiro e tratar de clarexar as continuas intrigas, tendo como fondo a fermosísima Ría de Vigo.
"A praia dos afogados" é o libro comentado esta semana no clube de lectura "Enrédate coa lectura I" e, á vez, un libro moi lido entre os profes do centro. Vexamos algunhas opinións sobre o mesmo:
Gabriel de Plástica opina: " Gustoume moito a novela, eu vivín na Ría de Vigo e sentinme coma si fose o protagonista percorrendo as rúas da cidade"
Mar de Inglés opina: "Gustoume moito esta novela porque mantén a intriga e co carácter engadido que sucede en Galicia. O tema mariñeiro e a viticultura están presentes na obra e os que vivimos no interior disfrutamos máis coas actividades da costa..."
Isabel de Sociais opina: Encantoume a intriga mariñeira e xa me declaro unha gran fan de inspector Leo Caldas e de Domingo Villar, que coido teñen cousas en común. Pero, sobre todo, por coñecer ben a zona na que se desenvolve a acción, xa que eu son da ría de Vigo e disfrutei enormemente co percorrido na novela polas rúas da cidade, a alameda, as estradas cara as praias...Maravillosa obra policíaca que nada ten que envexar á tan de moda novela nordica"
Podedes disfrutar agora dunha entrevista co autor realizada nos lugares da novela:
No hay comentarios:
Publicar un comentario