A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
lunes, 7 de febrero de 2011
Lector@s da Ulloa: Compartindo experiencias con Elías Portela
O pasado xoves o clube de pais "Lector@s da Ulloa" tivemos o inmenso pracer de recibir e compartir experiencias sobre a obra "Anxos do universo" de Gudmunsson co seu traductor Elías Portela. Durante algo máis de duas horas sumerxímonos na particular paisaxe islandesa, as súas costumes e a súa lingua. Os lectores estivemos dacordo na poesía tan cautivadora que emana da obra que Elías soubo plasmar na súa traducción. Outra obra traducida por este cangués de nacemento e islandés desde hai case dez anos, é "Skugga-Baldur" de Sjón, autor moi admirado polo traductor. Elías Portela tamén é poeta e lle auguramos un gran futuro. Ata o momento ten publicados dous poemarios "Imaxes na pel" e "Cos peitos desenchufados". Poesía francamente orixinal, así como a creación e elaboración dunha lingua propia. Maxistral. Grazas Elías por facernos pasar tan bo rato. Para repetir.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario