lunes, 8 de noviembre de 2010

OS RELOXOS DE DALI

ROI de 1º A selecciou, A persistencia da memoria , ou tamén coñecida popularmente como “os reloxos brandos ” de Salvador Dalí como cadro estrela, porque lle parecer moi orixinal que os reloxos se derritan coma se fosen queixo.
O propio Dalí decía que non eran outra cousa que o queixo Camembert do espazo e o tempo, suave, extravagante, solitario e paranoico-crítico. Neste autorretrato, atópase inmóvil ca lingua fora aislado no deserto, ca únicacompaña dos insectos. Nestas condicións, a percepción do tempo e do espazo, e o comportamento dos recordos, adquiren formas brandas que se axustan as circunstancias. Os reloxos, como a memoria, rebrandecendo polo paso do tempo. Son reloxos perfectamente verosímiles que seguen marcando a hora, cerca dasseis datarde. Dalí dixo sobre o cadro: "Lo mismo que me sorprende que un oficinista de banco nunca se haya comido un cheque, asimismo me asombra que nunca antes de mí, a ningún otro pintor se le ocurriese pintar un reloj blando".
Co motivo desta elección podemos propóñovos un xogo, cada vez que se poñamos un novo cadro estrela plantexarémosvos un xogo ou preguntas sobre o cadro ou o seu autor. Quén conteste correctamente e con maior rapidez, as preguntas plantexadas recibirá un punto, ao final do trimestre quen teña máis puntos terá un agasallo.
¿ Cal é o nome completo da autor do cadro?
¿ Cal era a súa nacionalidade?
¿ Cal é o Nome da súa muller?
¿A qué movimento artístico pertencia?
¿ Qué simbolismo ten para él as formigas ou o caracol?

1 comentario:

  1. Sabedes que as formigas na pintura aluden á memoria, ó paso do tempo..Igual que os reloxos.
    É un cadro con moitas lecturas, cada día descubres algo novo.

    ResponderEliminar