domingo, 28 de noviembre de 2010

NOVEMBRO: NOVAS REUNIÓNS DOS CLUBES DE LECTURA


Este xoves pasado, coma sempre, o derradeiro de mes, tivemos reunión dos clubes de lectura "Enrédate coa lectura I" e "Lector@s da Ulloa".
No club dos rapaces de 3º e 4º da ESO comentamos impresións sobre o libro "El viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda. Tras poñer ideas en común - a algúns gustoulle máis ca outros- buscamos na Internet o lugar donde se sitúa a acción da novela. Trátase dunha fermosa zona no Ecuador, perto de río Nagaritza, área donde nace un dos ríos máis longos do mundo, o Amazonas. A chuvia ecuatorial está presente na meirande parte da narración, a vexetación exuberante envolve ao lector...A novela fíxonos reflexionar sobre a natureza salvaxe, quen se integra nela respetándoa, e quen a invade danándoa. Foi interesante buscar o significado de palabras usadas en Latinoamérica e que aquí descoñecíamos (gringos, papas, cuy...). Tras a reunión, o libro acadou, polo menos para min, un gran lirismo poético.


No club de pais comentouse "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte. A meirande parte dos membros do club a consideraron entretida, xa que a través do xogo de xadrez, íase desmenuzando a trama do libro e a do cadro, o verdadeiro protagonista desta novela. A táboa na novela é unha obra flamenca do pintor Van Huys...Existe esa obra? Modifícase para a acción da narración de Reverte? Parece ser que si existíu o pintor Van Huys pero é posterior a esta época, o que si é certo é que a obra está baseada nos flamencos do século XV, só hai que recordar a famosa "Virxe do Canceler Rolin" de Van Eyck.
Deixando esta cuestión, no libro sucédense unha serie de asasinatos nun elaborado ambiente de anticuarios, restauradores de arte, museólogos, todo coa constante música de Bach de fondo. A búsqueda do asasino fixo vibrar aos lectores da Ulloa!

A próxima cita é doble, o derradeiro xoves de xaneiro comentaremos en "Enrédate coa lectura" as obras "A pomba degolada" de Fina Casalderrey e "El guardián entre el centeno" de J.D. Salinger; e "Os lector@s da Ulloa" xa poden comezar con "Anxos do universo" do islandés E. Gundmunsson e a maravillosa obra do Nobel de Literatura O. Pamuk, "El museo de la inocencia" Son as novelas que inaugurarán o vindeiro ano 2011. Disfrutade delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario