A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
jueves, 4 de noviembre de 2010
Miguel Rico representou á nosa Biblioteca en Compostela
O noso querido e moi apreciado profesor Miguel Rico (que faríamos sin el!) representou ao noso centro no III Congreso de Bibliotecas de Galicia o pasado fin de semana en Santiago de Compostela. Relatou a outros profesores chegados de todas partes de Galicia e tamén doutras Comunidades o que facíamos na Biblioteca do IES Monterroso para achegar aos alumnos e alumnas á lectura. Falou do cadro e do libro estrela que con periodicidade e moito cariño colocamos na entrada para que vos paredes a botar unha ollada e, tal vez, ler o libro ou comentar un pouco a obra de arte; explicou un pouco os traballos dos blogs; a nosa media hora de lectura diaria;os clubes de lectura; as bibliotecas de aula; as actividades que o ano pasado ofrecíamos na biblioteca, lembrades? O encrucillado, de pista en pista, o enigma da semana, o sudoku...e mil cousas máis. Tamén comentou o que se vai facer este ano, algunha sorpresa haberá...
A nosa noraboa Miguel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Noraboa Rico por esto e tamén por ese premio á biblioteca de Monterroso, que de seguro tes moito que ver. Apertas fondas.
ResponderEliminar