domingo, 31 de octubre de 2010

UN PASEO POLOS RELATOS FANTÁSTICOS DO SÉCULO XIX


É no século XIX, co Romanticismo, cando emerxen os contos de medo e fantásticos na literatura anglosaxona e xermánica. As pantasmas, a morte, os ambientes con néboas e melancólicos, as mansións tenebrosas con pasadizos e criptas misteriosas... Todo forma parte dun bo relato fantástico que nos faga pasar un rato de suspense, de sustos e de medo...O ideal para estes días de principios de novembro. Entre os autores do XIX cabe salientar a E.T.A Hoffmann, a E. A. Poe, A. Machen, a S. Le Fanu ou a M.R. James, entre outros moitos.
Os relatos de Hoffmann mesturan a realidade e a fantasía, donde todo parece ser unha metáfora do oculto, do mal. Na aparente realidade ocúltase outra moito máis inquedante. Na lectura do relato"El hombre de arena", que vos recomendo, podemos apreciar todas estas características que definen a obra deste autor.
Nos relatos de Poe plásmanse as obsesións, as alucinacións e os pesadelos do mundo interior atormentado deste autor. Un deses temas obsesivos é a morte que aborda en relatos como "A caida da casa Usher", "O corazón delator", "O caso do Señor Valdemar", "O enterro prematuro" etc. Poe crea densas ambientacións nos seus relatos, usa unha linguaxe directa, o narrador, na maior parte dos casos, é en primeira persoa, e sempre logra o suspense ata o final da obra. Este é un bo cóctel para lograr un bo relato de medo.
Le Fanu e M. R James son especialistas en relatos de pantasmas da verdadeira novela gótica ("Shalken el pintor", "El grabado"); e A. Machen escribe sobre forzas espantosas e secretas e divinidades antigas ("El dios Pan").
Vos deixo cunha cita de M.R. James "Tratádeos con delicadeza", escribiu o autor referíndose ás súas queridas pantasmas de ficción...

No hay comentarios:

Publicar un comentario