A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
sábado, 16 de octubre de 2010
NA PROCURA DO LIBRO AGOCHADO
Este ano levaremos a cabo un novo xogo, Na procura do libro agochado, cada día darásevos un pista para que atopedes un libro en concreto agochado nas Bibliotecas das Aulas Materias.
En breves teredes novas de onde se pode atoparo noso primeiro libro agochado.
A imaxe é da película Los mundos de Coraline,
película que conta a historia dunha rapaza, que abre una porta segreda na súa nova casa e descubre unha segunda versión da súa vida. A primeira vista, a realidade paralela é curiosamente parecida a súa vida de verdade, ainda que moito mellor. Pero cando a súa incrible e marabillosa aventura empeza a tomar un cariz peligroso e a súa outra nai intenta mantela a seu carón para sempre, Coraline deberá recurrir a súa determinación e coraxe, a axuda dos veciños e a un gato negro co don da fala para salvar os seus auténticos pais, a unos nenos pantasmas e regresar a casa.
A película é unha adaptación da novela gráfica de Neil Gaiman e ilustrada por Dave McKean.
A película foi dirixida por Henry Selick, que foi o director de Pesadilla antes de navidad, onde o formidable Tim Burton era o productor e credor da obra, e por iso que podemos ver certa parcido cas películas de Tim Burton. Establecendo parecidos razonables entre o obras podemos facer o comparativa das temáticas entre esta historia e Alicia no pais das maravillas , conto que levou a gran pantalla fai pouco Tim Burtom.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario