domingo, 31 de octubre de 2010

OS "CONTOS" DE E. A. POE INAURARON OS CLUBES DE LECTURA ESTE CURSO 2010-2011


Dous dos clubes de lectura do IES Monterroso, "Enrédate coa lectura" e "Lector@s da Ulloa", comezaron este novo curso 2010-2011 a súa andaina coa obra de E. A. Poe "Contos". Dunha selección variada lemos alguns deles. O que máis gustou foi "O corazón delator", de feito, no club dos rapaces fixemos unha lectura do mesmo. Un home asasina a outro e delátase á policía porque o corazón do morto non deixa de later baixo o chan no que o asasino o ocultou. Por que cometeu o asasinato? Delátase pola súa mala conciencia? Estaba louco o protagonista? Cal é a sorpresa final? Todo isto o comentamos no club o pasado xoves día 28 de outubro. Tamén fixemos referencia a outros relatos e Poe: o terror puro en "O estrano caso de Valdemar", a misteriosa atmosfera de "A caida da casa Usher", ou as increibles sorpresas finais de "O barril de amontillado" e "O pozo e o péndulo".
Os "deberes" para o próximo mes son "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda para os membros do club de rapaces, e "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte para os pais. Disfrutade das lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario