A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
miércoles, 13 de octubre de 2010
ARCIMBOLDO: RETRATOS CO COTIDIANO
"VERTUMNO"
O RETRATO DO EMPERADOR
RODOLFO II DE BOHEMIA
Este retrato de Rodolfo II de Bohemia foi realizado por Arcimboldo un artista italiano do Renacemento no século XVI. Era o pintor da corte de Bohemia, por iso retratou a este monarca en moitas ocasións.
Arcimboldo é considerado un pintor un pouco extravagante, xa que os retratos os fai a partir de froitos, verduras, frores e animais.
O emperador Rodolfo aparece nesta pintura na que as súas meixelas son unha mazá e un melocotón, a boca duas cereixas, os cabelos son racimos de uvas, peras, granadas, os brocados da luxosa roupa son frores variadas... Podes intentar distinguilas, é un exercicio divertido.
O autor quixo representar ó rei como unha divinidade romana: a Flora
AS SERIES: "AS ESTACIÓNS" E "OS ELEMENTOS"
Ademáis dos retratos do rei de Bohemia, este artista tan orixinal, realiza series como "As estacións" e "Os elementos".
En "A primavera" utiliza frores de todo tipo (rosas, margaritas, amapolas, dalias, azahar e azucena) formando a bela face dunha muller nova.
En "O verán" son os froitos propios desa época como o melocotón, as cereixas, o allo, pepino, grosellas e guisantes os que conforman o retrato.
En "O inverno" observamos no retratado troncos e ramas secas, e no de "Outono" setas, vides, figos, cabazas, pementos e cebolas.
Moi bonita é a serie dos elementos: Aire, Auga, Terra e Lume
En "Aire" son as aves as que conforman o retrato; en "Auga" son os peixes, corais, moluscos, crustáceos e perlas; en "Lume" aparecen os canóns, trabucos, vela e mistos; en "Terra" son animais como o león, o cordeiro, o cabalo e o xabarín os que compoñen a obra.
Realmente, Arcimboldo foi un gran xenio, non cres?
Isabel
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario