miércoles, 17 de octubre de 2012

Cadro-estrela da semana: "La bola de cristal"




Este cadro foi pintado en 1902 polo británico John William Waterhouse. Este artista pertenceu ao Grupo Prerrafaelita, que acolleu a un número importante de pintores ingleses cuxo obxectivo era conseguer a beleza e a simplicidade da arte do século XV e XVI, tendo como principal figura ao gran pintor italiano Rafael.

Os Prerrafaelitas son un grupo que representa ao Romanticismo inglés, buscando plasmar no cadro os sentimentos do artista.

Neste cadro "A bola de cristal" amósase a unha muller vestida de vermello mirando fixamente cara unha bola de cristal e realizando algún feitizo coa axuda dun libro e dunha calavera. O autor trata de transmitir a maxia e o poder das profecías, ou sexa, crear no espectador un sentimento místico rodeado dse certo misterio.

Son os grandes temas de Waterhouse, ademáis dos mitos e das lendas baseados na literatura. 

A continuación, os alumnos de 1º ESO opinan sobre o cadro: 

"Gústanos este cadro porque presenta un debuxo perfecto, cunha cor moi intensa, un vermello que parece terciopelo... O rostro da muller, a bola e a calavera causan moita intriga..."
Carmen Barrul e Jose Luis Fernandes

"Un cadro misterioso, gústame..."
Raúl Ríos

Perdidos nunha illa deserta...



Como o libro estrela da semana é "Robinson Crusoe" de Daniel Defoe, os alumnos e alumnas de 1º ESO na súa Hora de Ler, imaxinaron o que farían nunha illa deserta despois dun naufraxio sendo eles os únicos supervivintes...
Amosamos algúns dese relatos nos que os rapaces puxéronse na pel de Robinson:

"Eu, se estivera soa nunha illa deserta, o que faría é buscar inmediatamente comida e  froita. Logo estaría á espera  dalgún barco e buscaría a alguén que estivera na illa. Faríame unha coviña a base de follas que me fixera de cama. O resto dos días faría lume e comería algo quente como
 pescado ó lume. Pero penso que coa idade
 que teño morrería..."
 Tamara Ruiz Penas

"Yo contaría los días tal como hizo Robinson Crusoe y buscaría fruta, y, con madera, una pequeña cesta para guardarla. Intentaría explorar toda la isla y buscar algún superviviente más. Haría algún tipo de señales de humo para que un barco pudiera rescatarme y haría un refugio para dormir y pasar la noche a resguardo"
Marco López Noguerol

"Lo primero que haría en una isla desierta, sería explorarla en busca de comida y  bebida. Igual algún otro superviviente hace lo mismo que yo y nos encontramos...Luego me concentraría en buscar un sitio despejado para pasar la noche. Al despertar por la mañana, escribiría en la arena, los días que pasan. Unos días podría sobrevivir comiendo fruta y bebiendo agua, pero muchos...no lo creo. "
Xeila Torres Almuiña

Andry Milan de 1º BAC  tamén se animou a imaxinar a supervivencia nunha illa deserta:

" Si yo naufragase, primero que todo, haría un estudio de la situación durante varios minutos ordenando en mi cabeza las prioridades necesarias para mi superviviencia sin dejarme llevar por el pánico (bebida, alimento y refugio como necesidades básicas) Una vez planeado, empezaría a adrentarme en la isla, poco a poco y con cuidado, observando con detenimiento la forma de los árboles, o incluso buscandos espacios abiertos pero cubiertos (ya sean por ramas o hojas) donde resguardarme de la lluvia. En el caso de la alimentación, lo prioritatio sería saber que es lo que estoy comiendo, por lo tanto,( a no ser por falta de cualquier otro tipo de alimento y la casi inminente muerte) no comería aquella fruta que desconociese. Una vez conseguidas las necesidades mas importantes, me ocuparía de adentrarme un poco más en la isla, buscando descubrir con quien comparto tierra y para saber a que puedo llegar a enfrentarme en caso de problemas. Todo esto sin perderme en la isla, teniendo siempre claro como llegar al mar y visitándolo varias horas al día por si pasasen barcos (tener siempre preaparado, como necesidad secundaria, una hoguera o algún método para que te vean dado el caso). Y, como punto a tener más que en cuenta, saber quien soy, y estar siempre en mis cabales, sin volverme loco."

Isabel, profesora de Sociais tamén aportou algo:

"O sono de calquera; 
unha illa tropical con mar de cor turquesa, augas cálidas, area branca e fina...
E, sen embargo, a máis absoluta soidade...
Imposible a supervivencia para un ser humano... o drama da nada ...
A morte en vida."


martes, 16 de octubre de 2012

Comeza un novo curso para "Enrédate coa lectura I e II"



Comeza xa un novo curso para os clubs de lectura do IES de Monterroso, "Enrédate coa lectura I" e "Enrédate coa lectura II". Os rapaces da ESO e de BAC están moi animados. Os libros para ler este ano son os seguintes: 

                   "Enrédate coa lectura I" (rapaces de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC)


1.       Un cadáver en la biblioteca. Ágatha Christie
2.      Ás de bolboreta. Rosa Aneiros
3.      La leyenda del rey errante. Laura Gallego
4.      Guedellas de seda e liño. María Victoria Moreno
5.      Los juegos del hambre. Suzanne Collins
6.      Querida amiga. Marina Mayoral

"Enrédate coa lectura II" (rapaces de 1º ESO e 2º ESO)
 
1. Manolito gafotas. Elvira Lindo 
2. Usha. María Reimóndez 
3. El secreto del andén 13. 
Eva Ibbotson 
4. E Xoel aprendeu a voar. 
Marica Campo 
5. O misterio dos fillos de Lúa. 
Fina Casalderrey 
6. Tristes armas. 
Marina Mayoral

·       
 



miércoles, 10 de octubre de 2012

Charla-coloquio: "Auschwitz-Birkenau: una mirada al pasado"



O próximo luns día 15 de outubro terá lugar no IES de Monterroso unha charla-coloquio a cargo do fotógrafo Daniel Candal. A charla ten como base a proxección das fotografías do autor sobre campos de concentración nazi. A exposición "Aushwitz-Birkenau: una mirada al pasado" pretende ser unha reflexión sobre a historia máis recente de Europa.

Daniel Candal é estudiante de 4º curso de Dereito e Administración de Empresas na Universidade de A Coruña. Combina os seus estudos coa fotografía, na que a súa formación é plenamente autodidacta. Daniel acadou varios premios; obtivo o  1eº premio José Sardina Muíños 2010 de fotografía na modalidade de retrato; finalista e mención de honor no concurso Viaxarte 2010 organizado polo Concello de A Coruña; finalista na modalidade de fotografía no concurso Xuventude Crea 2010 organizado pola Xunta de Galicia; e gañador Viaxarte 2012 co Premio á mellor fotografía.

A charla terá lugar no Salón de Actos do centro o vindeiro luns a partir das 16.45 h. Vai dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC.


martes, 9 de octubre de 2012

Un poema para cada día: "Plaza do Campo" de Luis Pimentel


"Plaza do Campo"

Tebras o axexo
Pola rúa suben
as casas en muletas.
Navallas de lúa
na acera.
Unha sola ventá,
marela de insomnio.
Duro de lúa o seixo
desexa e agarda o crimen.
Pérdese
a iauga verde e moura da fonte.
¿Salíu deiquí a noite?
Dedo en alto
o santo de pedra
pide silencio.

Este poema  do lucense Luis Pimentel pertence a obra "Sombra do aire na herba". O poema o
transcribimos tal como o escribiu o autor.