viernes, 25 de febrero de 2011

Discurso de Vargas Llosa na entrega do Nobel en Estocolmo

Clube de lectura "Lector@s da Ulloa": "La ciudad y los perros"


Este mes de febreiro o incansable clube de lectura de pais e nais "Lector@s da Ulloa" reuniuse para comentar a obra "La ciudad y los perros" do escritor galardoado polo Premio Nobel Mario Vargas Llosa. Publicada no ano 1963, esta novela marcou o inicio do boom da narrativa latinoamericana, xunto a Gabriel García Márquez, Mario Benedetti ou Julio Cortázar entre outros. O tema central da obra xira en torno a un colexio militar donde as humillacións, os prexuízos e o odio está a orde do día. Os protagonistas, adolescentes de moi diversa condición social, coñecerán a violencia, a inxustiza e tamén o seu espertar sexual ao longo das páxinas da obra. Mario Vargas Llosa realiza unha durísima crítica social e política de Perú nos anos 50 do século XX. O propio autor foi o que escribiu o guión da película que leva o mesmo nome.
Unha obra moi dura, expresaron os membros do clube, e moi idonea para os adolescentes actuais.

jueves, 24 de febrero de 2011

CLube de lectura: "A praia dos afogados"


Na praia da Madorra de Panxón, próxima a cidade de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas. Un novo caso para o inspector Leo Caldas, por todos xa coñecido por ser o protagonista da primeira obra do autor galego Domingo Villar, "Ollos de auga". O inspector terá que sumerxirse no mundo mariñeiro e tratar de clarexar as continuas intrigas, tendo como fondo a fermosísima Ría de Vigo.

"A praia dos afogados" é o libro comentado esta semana no clube de lectura "Enrédate coa lectura I" e, á vez, un libro moi lido entre os profes do centro. Vexamos algunhas opinións sobre o mesmo:

Martín Coto opina: "É un libro moi bonito, con supersticións, aparecidos, pantasmas...Gústame o inspector Leo Caldas, sobre todo cando vai investigar e todo o mundo o coñece polo súas intervencións nun programa de radio"

Gabriel de Plástica opina: " Gustoume moito a novela, eu vivín na Ría de Vigo e sentinme coma si fose o protagonista percorrendo as rúas da cidade"

Reme de Galego opina: "Encantoume a novela. Domingo Villar mantén a intriga ata o final, mostra coñecer ben a maneira de ser dos galegos. Gustáronme moito as figuras de Leo Caldas, un policía con sensibilidade, e a do seu pai"

Mar de Inglés opina: "Gustoume moito esta novela porque mantén a intriga e co carácter engadido que sucede en Galicia. O tema mariñeiro e a viticultura están presentes na obra e os que vivimos no interior disfrutamos máis coas actividades da costa..."

Isabel de Sociais opina: Encantoume a intriga mariñeira e xa me declaro unha gran fan de inspector Leo Caldas e de Domingo Villar, que coido teñen cousas en común. Pero, sobre todo, por coñecer ben a zona na que se desenvolve a acción, xa que eu son da ría de Vigo e disfrutei enormemente co percorrido na novela polas rúas da cidade, a alameda, as estradas cara as praias...Maravillosa obra policíaca que nada ten que envexar á tan de moda novela nordica"

Podedes disfrutar agora dunha entrevista co autor realizada nos lugares da novela:




martes, 22 de febrero de 2011

O cadro estrela: "A dama do armiño"


A obra que contemplamos é "A dama do armiño" do gran artista do Renacemento italiano Leonardo Da Vinci. Trátase do retrato dunha muller nova, unha adolescente cunha face aínda infantil pero belísima. O seu nome era Cecilia Gallerani e era amante do poderoso rexente de Milán Ludovico Sforza.A pintura, realizada coa técnica do óleo no ano 1484 da unha información valiosa ao espectador. Vemos que se trata dunha muller de certa posición social xa que o retrato é encargado a un dos grandes artistas italianos da época. Ademáis, o coidado peiteado, a ropaxe e as xoias fainos intuir o seu alto estatus social. O animal que leva nos seus brazos é un armiño. Non está escollido ó chou polo pintor, senón que ten un significado concreto, o armiño é símbolo da castidade, da pureza. Este animal, a súa vez, é o motivo heráldico dos Sforza. Se nos fixamos que na mirada da rapaza, observamos que os seus ollos non se atopan co espectador senón que miran cara outro lado. Isto podemos interpretalo como a timidez da xuventude, o temor a ser recoñecida ou a certa vergoña pública por ser a amante dun home xa de certa idade. O que esconden os retratos...

miércoles, 16 de febrero de 2011

A elaboración de queixos artesanais na Ulloa





Onte, alumnos e alumnas de 3º ESO asistiron a un Obradoiro artesanal de elaboración de queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. A actividade foi desenvolvida no laboratorio de Física do centro donde recebimos explicacións teóricas e prácticas sobre as fases de elaboración deste coñecido queixo galego. Cada un levou para a súa casa o seu queixo artesanal propio.
Hoxe, parte do alumnado de 4º ESO, asistíu a unha conferencia sobre a arte da cata do queixo. Tamén tivo a súa parte práctica degustando os principais queixos de Galicia e coñecendo a súa área xeográfica: Queixo de Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón Da Costa. Apreciamos texturas, olores e sabores. Un pracer para os sentidos.