martes, 9 de octubre de 2012

Un poema para cada día: "Plaza do Campo" de Luis Pimentel


"Plaza do Campo"

Tebras o axexo
Pola rúa suben
as casas en muletas.
Navallas de lúa
na acera.
Unha sola ventá,
marela de insomnio.
Duro de lúa o seixo
desexa e agarda o crimen.
Pérdese
a iauga verde e moura da fonte.
¿Salíu deiquí a noite?
Dedo en alto
o santo de pedra
pide silencio.

Este poema  do lucense Luis Pimentel pertence a obra "Sombra do aire na herba". O poema o
transcribimos tal como o escribiu o autor.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Unha nova andaina para o club "Lector@s da Ulloa"


O club de lectura de pais e nais "Lector@s da Ulloa" comeza unha nova andaina. Lectura, reflexións, conversación e diversión é o que vos ofrecemos o último xoves de cada mes na biblioteca do IES de Monterroso. ¡Animádevos a participar!

Expoñemos a continuación o calendario das sesións e os títulos e autores seleccionados:


                DATAS
   LIBROS DE    LECTURA
 25 de outubro
“Los gozos y las sombras: El señor llega”
 29 de novembro
“El palacio de la luna”
 31 de xaneiro
“El Gran Gastby”/ “Marcas de nacemento”
 28 de febreiro
“El ladrón de tiempo”
 25 de abril
“La vieja sirena”/”Dez”
 30 de maio
“Unha lectora fora do común”


LIBROS SELECCIONADOS PARA O CURSO 2012-13


1.   Torrente Ballester; “Los gozos y las sombras: El señor llega”
2.   Auster, Paul; “El palacio de la luna”
3.   Fitzgerald, John; “El Gran Gatsby”
4.   Houston, Nancy; “Marcas de nacemento”
5.   Boyne, John; “El ladrón de tiempo”
6.   Sampedro, José Luis; “La vieja sirena
7.   Bennet, Alan; “Unha lectora fóra do común”
8.   Longo, Andrej; “Dez”

Libro-estrela da semana: Robinson Crusoe





Un clásico da literatura e  unha gran obra de aventuras. “Robinson Crusoe” de Daniel Dafoe foi publicada no ano 1719. Conta a historia dun náufrago inglés que pasou 28 anos nuha remota illa tropical. Cando comeza a adaptarse á soidade, dase conta que non é o único ser humano que se atopa na illa. Nela vive unha tribo indíxena e caníbal. Tras salvarlle a vida a un prisioneiro, o que pon o nome de Venres por ser este o día da semana que o coñece, nace unha gran amizade entre os dous.

Robinson Crusoe é unha historia sobre a supervivencia do home fronte ás forzas da  natureza; unha historia sobre a soidade do ser humano e tamén sobre a súa fortaleza e nobreza. É un conto ético, cun gran transfondo de relixiosidade. A salvación e a esperanza son outros dos grandes temas da obra, a segunda máis lida no mundo tras a Biblia.

jueves, 27 de septiembre de 2012

Un poema para cada día: "El desayuno" de L. A. de Cuenca

 
 El desayuno

Me gusta cuando dices tonterías,
cuando metes la pata, cuando mientes,
cuando te vas de compras con tu madre
y llego tarde al cine por tu culpa.
Me gustas más cuando es mi cumpleaños
y me cubres de besos y de tartas
o cuando ers feliz y se te nota,
o cuando eres genial con una frase
que lo resume todo, o cuando te ríes
(tu risa es una ducha en el infierno),
o cuando me perdonas un olvido.
Pero aún me gustas más, tanto que casi
no puedo resistir lo que me gustas, 
cuando, llena de vida, te despiertas
y lo primero que haces es decirme:
"Tengo un hambre feroz esta mañana.
Voy a empezar contigo el desayuno"

 L. A. de Cuenca



 Este poema pertence á obra de Luis Alberto de Cuenca "el hacha y la rosa". Trátase de poesía social ou comprometida cuxo obxectivo é achegar un xénero coma este, para minorías, ao público xeral, mediante un léxico sinxelo, co desexo de que o lector se sinta vinculado ao que le.

Cadro-estrela da semana: "Muller lendo" de Renoir

J. A. Renoir foi un pintor impresionista francés de finais do século XIX. O Impresionismo foi un movemento que naceu en París e que se caracterizou por captar un intre concreto e plasmar no lenzo unha sensación, unha impresión, de ahí o nome de Impresionismo. Para conseguir ese intre o artista utiliza unha pincelada desflecada, feita a través de pequenos toques de cor. Úsanse as cores primarias e é o ollo do espectador quen se encarga despois de mesturar esas cores na súa retina. A sensación é de que nos achamos ante un momento de transitoriedade, de fugacidade, de algo efímero preto ó cambio. 



Esta obra intimista de  Renoir amósanos a unha muller lendo.  Moitos pintores ao longo da historia da arte representaron a mulleres lendo nos seus cadros. É o caso de Mary Cassat, Fragonard, Matisse ou Corot entre outros.

Mary Cassat
Fragonard
Matisse
Corot